No Tengo Mamá 2018

O festival No Tengo Mamá, de artes gráficas e musicais na súa vertente menos comercial chega á cuarta edición, celebrarase como cada ano na contorna do MARCO. Entre os obxectivos que se marcan nesta edición están os seguintes:

    • Crear un punto de encontro para que artistas e colectivos poidan difundir a súa obra e intercambiar experiencias.
    • Dinamizar a escena cultural da nosa cidade e que todas as persoas coñezan e conecten con outras formas de entender a arte e a cultura.
    • Qué sexa unha experiencia interesante e divertida.

 

As actividades que teñen preparadas este ano son:
(Todas as actividades son de balde).

Un mercadiño que reunirá a preto de 40 artistas e colectivos, con fanzines, banda deseñada, láminas, etc.

Sexta feira 7

  • 16:00: Apertura.
  • 16:30: ASA NISI MASA (Mostra colectiva).
    Participan: Braulio Amado (PT), Dunja Jankovic (HR), Julien Gobled (FR), Alexander Medel (CL), Bettina Henni (FR), Begoña García-Alén (ES) e Antoine Orand (FR).
  • 17:00: Lembranzas de Fukuoka. Unha intervención plástica de Tayone e Unamesa.
  • 18:00: Grundfunken: Obradoiro artístico con José Quintanar.
  • 19:30: Galope Mestizo (Santiago)*.
  • 20:30: María Reis (Lisboa)*.
  • 21:30: Rayotaser (Vigo)*

Sábado 8

  • 13:00: MiniCÓMIC: Obradoiro infantil de Banda deseñada con Begoña García-Alén.
  • 13:30: Kadettgsi (Lugo)* + coctelada.
  • 14:30: Yuraq Walla*.
  • 18:00: Todo é moi complicado en realidade: II conversa sobre Banda deseñada contemporánea.
    Con María Medem, José Quintanar, Julia Huete e Carla Berrocal. Modera: Gerardo Vilches..
  • 19:30: Los Manises (Elche)*.
  • 20:30: Jay (Vigo)*.
  • 21:30: Cuello (Valencia)*

 

* Actividade musical.

*Nos próximos días abriran o prazo para  inscribirse nos obradoiros!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s