A BD como medio social, discurso e compromiso en 6 cómics actuais

Os que gozamos coa Banda Deseñada e procuramos manternos ao día asistimos recentemente a outra desas «falsas polémicas» que coma as serpes de verán volven con cada estación. Porqué lles chamo falsas? Porque parten de premisas falsas, inexactas ou terxiversadas, algo que por desgraza vemos cada día nos medios de comunicación de masas e que xa advertia Bordieu nos 90 que ía pasar.

Desta volta o tema non era si existe a novela gráfica ou se tal lista é acaida. Agora o tema é se a Banda deseñada ten diferentes capas de significado e se pode ter un compromiso político ou social. É evidente que si. Porén desta vez a polémica é inexistente porque quen a enuncia amosou nas súas argumentacións certas «disonancias cognitivas» ou dito en galego non entendeu nada. Outro tema é se merece a pena discutir con iletrados.

Mais esa falsa polémica serve para presentar seis bandas deseñadas actuais que son interesantes, e por suposto, con multiples niveis de lectura que convidan á reflexión, afondando porén en algo que todos e todas sabemos xa: a banda deseñada non só é un medio excelente para este tipo de narrativas senón que agora mesmo é un dos que máis obras deste tipo pon no mercado.

Los puentes de Moscú. Alfonso Zapico.

lospuentesdemoscuCoa escusa dunha entrevista, Eduardo Madina e Fermín Muguruza tiveron unha xuntanza en Irún. Dúas persoas cun forte compromiso político e con ideas opostas sobre o movemento independentista vasco, conversan e debullan os puntos en común e os diverxentes, a música, a vida na Euzkadi dos anos nos que o conflito estaba activo, o amor polo propio, e mesmo as súas experiencias persoais a respecto da violencia. Alfonso Zapico, gran narrador, exerce de cronista desta entrevista.

O Tesouro de Lucio. Belatz.

LucioLucio Urtubia é un anarquista nado en Nafarroa (Navarra) que logo de pasar a infancia e primeira xuventude na España da Guerra Civil, exiliase en Francia e comeza unha vida de militancia e loita contra o capital. Foi quen de poñer de xeonllos ao First National Bank, que tivo que negociar con Lucio a devolución das pranchas que usou para falsificar cheques que logo cobraba. Belatz asina este biopic en forma de novela gráfica que na Galiza ven de publicar Demo Editorial.

Stop. Elerre.

stopUnha banda deseñada na que Elerre afonda na inmigración que recibimos en Europa, algo tan necesario neste momento no que os gobernos neoliberais esqueceron que nalgún momento da historia todos os pobos fomos emigrantes ou tivemos que fuxir do lar para buscar o pan lonxe da casa.

A historia, entretida e interesante é sobre todo un canto de esperanza, cun estilo gráfico moi persoal e naif. Aínda que se nota que é unha primeira obra acada un resultado moi digno. Non é, porén, unha obra que siga os estándares da industria actual ou polo menos non vai na liña do que se adoita publicar. A pequena (e militante) editora Figurando recuerdos edicións que xa nos sorprendeu coa excelente Muuuh, no prado das vacas de Troubs é quen publica este libro.

Nieve en los Bolsillos. Kim.

Nieve-KimLogo de debuxar a exitosa saga guionizada por Antonio Altarriba, El arte de volar e El Ala Rota, Kim lanza esta obra autobiográfica na que conta o seu viaxe de xuventude até Alemaña. A vida dos emigrantes, o intento de control do franquismo dos mesmos e as vicisitudes do exercito de traballadores que alimentou as fábricas alemás contadas por un dos seus protagonistas. Un retrato imprescindíbel da emigración española na década dos 60.

Espacios en Blanco. Miguel Francisco.

espaciosenblancoOutra historia autobiográfica na que o autor, un artista que ten que emigrar á Finlandia, rememora as conversas co seu pai e os silencios, e precisamente, os espazos en branco que aínda hai na historia da súa familia e na historia dun estado no que oitenta anos despois da Guerra Civil aínda non foi quen de pechar  e definitivamente condenar e porén reverter as inxustizas institucionalizadas polos corenta anos de franquismo. Máis actual que nunca.

El día 3. Cristina Durán, Miguel Angel Giner Bou e Laura Ballester.

Eldia3-capaO 3 de xullo do ano 2006, tres días antes da visita do Papa a Valencia, sucedía un grave accidente no metro de Valencia, deixaba 47 feridos e 43 mortos. Esta BD de xénero documental mestura a narración dos feitos a través dos sobrevivintes e as súas familias cos datos da investigación que desenvolveu a xornalista e co-autora Laura Ballester. Políticos corruptos, unha investigación deficiente e medios de comunicación afíns ao poder que calaron. Mala xestión, corruptelas e moita dor e sufrimento para as familias das vítimas que foron ignoradas e utilizadas durante unha década polos gobernosdo PP de Valencia. Un retrato demoledor da España grandilocuente e hortera do pelotazo, a cidade das artes, as regatas, a fórmula un e os traxes sen pagar.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s