Catro fanzines en galego e un murciano

(∞ -1). Xulia Pisón.

XuliaPisonNeste fanzine recompílanse catro historias (incluída a Gañadora do Premio Xuventude Crea da Xunta de Galiza no 2015) nas que Xulia amosa o seu potencial creador. Cun estilo que cabalga entre o clasicismo europeo e o manga, Xulia é en opinión deste que asina, un dos máis firmes valores da Nova Banda Deseñada Galega.

Aquí falamos con ela deste fanzine.

Dorotea. Cristian F. Caruncho.

Dorotea-Cristian1Cristian é outra das realidades da Nova BDG aínda que é moi novo leva xa anos debuxando e autopublicando as súas historias. Un autor certamente interesante cun universo propio con fondas raíces na súa terra, Ortegal. A obra de Cristian bebe da realidade do rural galego en temáticas e personaxes cunha clara mensaxe a prol da vida no rural e do respecto á terra. Este Dorotea segue esas premisas para, nunha breve pero emotiva historia, achegarnos a realidade do rural do noso País cada vez máis esquecido e abandonado a súa sorte.

Amair. Kike Benlloch e Luis Sendón.

Amair 1-metropoles-delirantesDous clásicos da BD galega. Benlloch é un guionista solvente con obra publicada con debuxantes coma Manel Cráneo ou José Domingo dende os tempos da lembrada Polaquia, da que foi integrante. Sendón é un virtuoso debuxante moi asentado nos universos estéticos (e musicais) do trash metal. Neste Amair desenvolven a primeira entrega (de catro) dunha historia de espada e bruxería.

Gresca #0. Debelius.

GrescaOutro dos autores da Nova BDG aos que non se lle pode perder a pista. Debelius amosa neste Gresca #0 a súa versatilidade tanto na temática coma sobre todo no debuxo. A especialidade de Debelius é o humor negro e vándalo, todo regado de licorca e moita retranca.

 

Porno Catalán. Magius.

Porno-MagiusMagius é un autor das lonxanas terras murcianas que se dou a coñecer para o público en xeral cunha magnifica obra longa hai un par ou tres de anos titulada Murcia, unha historia de crimes na «huertica». Neste fanzine mudo titulado Porno Catalán desenvolve unha pequena e tola historia que ten coma protagonista ao Honorable Puigdemont, un trío de señoras (ou señoritas) e un par de bandeiras. Puro delirio de política ficción.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s