Catro bandas deseñadas galegas e unha portuguesa para ler este verán

Mas futvol por fabor. Leandro Barea.

mas futvol-metropoles-delirantesLeandro é, probablemente, un dos noso mellores humoristas gráficos, cun estilo propio e ben recoñecíbel de debuxo sinxelo e directo o emprego que fai das cores fai que a súa obra sexa impactante e teña unha iconicidade que poucos autores son quen de acadar. O humor de Leandro transita entre a reflexión intelectual e o absurdo máis histrionico e hilarante. Este libro é unha recompilación de 200 páxinas da súa obra.

Podes mercala aquí.

Licor Café. 13 grolos da nova banda deseñada galega. VV.AA

LK-metropoles-delirantesDemo Editorial recompila neste tomo as historias de 13 autores e autoras da interesante canteira da BD galega. Unha variada mostra que abarca moitos estilos e temáticas, con autores e autores que xa publicaron libros no mercado convencional e outros que aínda que xa ben coñecidos no circuíto dos fanzines aínda non deron o paso da publicación con editoras comerciais. Este primeiro e interesante volume promete ser o principio dunha serie que deberñía ter continuación en anos vindeiros. Unha iniciativa marabillosa de Manel Cráneo que deste xeito da continuidade ao que foi hai anos o Barsowia do Colectivo Polaquia, un trampolín para os máis novos.

Podes mercala aquí.

O Corpo de Cristo. Bea Lema

O corpo de cristo-metropoles-delirantesBea Lema gañou o Premio Castelao de BD 2017, convocado pola deputación da Coruña, con este libro. Unha moi interesante aproximación desde a banda deseñada as enfermidades mentais e á incidencia que ten unha doenza destas características sobre a infancia. O Corpo de Cristo ten moito de autobiográfico e serve como reflexión en voz alta sobre o descoñecemento xeral deste tipo de enfermidades. Aos riscos propios destas enfermidades súmanse o desamparo das familias, que en moitas ocasións non están preparadas ou non teñen os medios para atendelos e o risco de caer en pseudoterapias que agravan a situación dos doentes e o seu entorno.

Podes mercala aquí.

Punto de fuga. Miguel Cuba.

punto-de-fuga-metropoles-delirantesA primeira obra longa de Miguel Cuba é un retrato dunha xeración moi preparada pero que non atopa o seu espazo laboral. A ironía e o humor tecen unha historia de fermoso debuxo e interesante guión, ambientada en Compostela e outros lugares de Galiza. Publicada xa hai 7 anos grazas as axudas á creación de BD que existiron neste País nalgún momento antes de adentrarnos no ermo que son as políticas culturais actuais da Xunta. En palabras de Miguelanxo Prado, «unha achega madura, necesaria e importante á BD galega».

Podes mercala aquí.

Os Vampiros. Filipe Melo e Juan Cavia.

Vampiros_capa-Metrópoles DelirantesA BD portuguesa é por desgraza unha gran descoñecida no País, a pesar de compartir unha lingua e unha idiosincrasia como pobo, a presión dos centralismos de Madrid e Lisboa dificultan moiro a comunicación e o intercambio cultural entre as dúas partes deste pobo cosido polo Pai Miño. Nos últimos anos a dupla Melo e Cavia veñen publicando obras ben interesantes e de gran calidade, neste Os Vampiros arman un impresionante relato que conecta, a través do título da coñecida canción do poeta e cantor Zeca Afonso, as guerras coloniais (houbo un comando real que combateu na Guiné-Bissau que se chamaba Vampiros), cos monstros e o terror que mora en cada home e en cada guerra.

Podes mercala aquí.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s