Convocatoria do Autobán 2018

Autoban 2015-Metrópoles DelirantesOs días 10 e 11 de agosto celebrarase a edición deste ano do Autobán, o festival coruñés de banda deseñada autoeditada. O Festival pretende recoller as propostas creativas de fora do circuíto comercial, dándolles difusión e un espazo propio onde amosar, promocionar e vender este tipo de proxectos.

No Autobán teñen cabida ás propostas de BD autoeditada, pero tamén a pequenas iniciativas editoriais de corte independente e as propostas de autoedición relacionadas coa creación gráfica.

O Venres será o día de actividades coma o Brilé Brutal, o Autobombo e o Combate de Debuxantes. O Sábado durante todo o día será o Mercado de autoedición, as charlas e o obradoriro para cativos.

Como participar no Autobán?

O prazo para inscribirse e participar no festival é ata as 23:59 horas do domingo 29 de xullo de 2018. No formulario podes indicar se queres participar no Autobombo e/ou no Combate de debuxantes.

Responsabilidades dos participantes?

A organización porá os elementos precisos para o desenvolvemento das actividades, como poden ser mesas, cadeiras e outros elementos necesarios, pero necesitamos que todos os participantes no Mercado de fanzines se comprometan a atender o seu posto o sábado 11 dende as 12:00 ata as 22:00 horas. Ademais, terán que presentarse no local media hora antes do inicio do mercado co fin de montar o seu posto. Cada un será responsable do seu espazo e do material que traia.

Se vos apuntades ao Autobombo é preciso facer chegar á organización unha serie de imaxes para montar as presentacións e presentarse na Nave 1839 con 20 minutos de antelación con respecto ao inicio do evento.

Para participar no Combate de debuxantes é preciso facer chegar á organización un autorretrato de combatente e presentarse na Nave 1839 con 20 minutos de antelación con respecto ao inicio do evento.

Para apuntarte a esta convocatoria terás que cubrir este FORMULARIO DE INSCRICIÓN antes do domingo 29 de xullo de 2018.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s