“Cándido y los demás” obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado 

premio-comp-ilustrado-2018

A obra presentada co lema “Cándido y los demás”, escrita por Fran Pintadera e ilustrada por Christian Inaraja, é a gañadora -por unanimidade- do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Concello de Compostela e pola editorial Kalandraka.

Os gañadores recibirán 9000 euros como adianto polos dereitos de autor e o libro será publicado no vindeiro mes de santos nas cinco linguas peninsulares.

O xurado destacou a “variedade e calidade” dos traballos presentados.

Sobre “Cándido y los demás” sinalou “valorase o tratamento da diferencia e a diversidade, a mirada dun mesmo aos demais, e dos demais a un mesmo”. Tamén resaltou o xurados a “contemporaneidade da linguaxe e a universalidade temática, o estilo directo, coherente, circular e a riqueza gráfica, achegada ao deseño actual”.

Amais da obra ganadora o xurado declarou finalista o traballo presentado co lema “La ensartadora de lágrimas”, das italianas Anna Pedron e Franca Perini. Tamén acordou conceder sendas mencións especiais ás obras presentadas cos lemas “Ninguén coma min (autobiografía dun tirano)”, de José Ignacio Chao Castro (A Coruña) e Eva Sánchez Gómez (Barcelona), así coma “A cidade conta historias”, de Susana Maria Seixas Matos (Lisboa).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s