As lecturas do SrB: Carvalho. Tatuaje

Aquí en español.

“Nacín para revolucionar o inferno.”

Carvalho_CapaTatuaje foi a segunda novela de Pepe Carvalho, foi publicada en 1972. Agora despois de múltiples versións para televisión e cinema chega á banda deseñada nunha adaptación de Hernán Migoya e Bartolomé Seguí (Premio Nacional de cómic no 2009).

O detective é contratado para investigar a identidade dun home que aparece aboiando na praia co rostro comesto polos peixes. O único fío do que tirar é unha tatuaxe, Nacín para revolucionar o inferno. A busca levará a Carvalho polas rúas de Barcelona e Amsterdam.

Carvalho, un tipo duro afeito a manexarse no lumpen Barcelonés, entre prostitutas e quinquis, é tamén un Gourmet con grande habilidade para a cociña e un home culto cunha gran biblioteca da que bota man cando non ten con que prender un lume. Un personaxe cheo de matices, faces contrapostas, descrido e contraditorio, de volta de todo, da CIA, do comunismo e até da vida. Carvalho xa é só militante da comida e das mulleres. Un personaxe co atractivo do real, ben construído, complexo, descarnado e bruto cando é preciso, perfectamente delicado cando a ocasión o require. Un verdadeiro iconoclasta capaz de queimar un Quixote para prender a cheminea. É imposíbel no lle ter respecto.Carvalho_05

O traballo de Migoya é correcto, tamén ingrato pois o risco de adaptar obras tan coñecidas e mitificadas é alto. Preocupado pola fidelidade á novela usou nun noventa por cento textos orixinais de Montalbán, iso nalgúns momentos lastra a lectura con diálogos que se notan forzados. Nos pinceis Seguí está superlativo, cun debuxo certamente «noir» de trazo rápido -aínda que ben coidado- e un uso excelso das paletas de cores fai desta unha obra excelente, de moitísima calidade gráfica. Non só retrata con acerto e realismo a fisionomía de Barcelona e Amsterdam, senón que é quen de transmitir o ambiente, a luz destas dúas cidades. Según un vai lendo, vaise metendo cada vez máis na atmosfera de tugurio hampón e setenteiro da historia. O mallorquino é hoxe por hoxe un dos mellores debuxantes deste tipo de historias que hai no estado.

Carvalho_06Temos que lle agradecer a este libro a recuperación dun un personaxe excelso da literatura, ben construído, humano, sen superpoderes, sen estúpidos razoamentos reducionistas e sen un uso filofascista da moral e a autoridade. Tamén a escolla do formato de álbum francés que compre recuperar e dignificar logo da invasión e do exceso da novela gráfica e a grampa e a recuperación de algo do bo gusto e do «savoir faire» europeo fronte ao abuso globalizador norteamericano.

Carvalho é un deses personaxes polo que calquera con aspiracións de creador vendería a súa alma. Ao diaño xa lle sobran almas e ofrecidos mais temos a sorte de que este personaxe xa existe e Migoya e Seguí xa traballan na seguinte entrega.

Podes mercalo aquí.

Esta recensión foi publicada en marzo de 2018 na revista Tempos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s