As lecturas do SrB: Licor Café

Aquí en español.

13 grolos da Nova Banda Deseñada Galega

LK-metropoles-delirantesDende este verán o Licor café, amais da bebida nacional da nosa terra, é un libro de Banda Deseñada. Manel Cráneo, a mente inqueda que está detrás de Demo editorial é o artífice deste excelente libro que recomplila trece historias curtas doutros tantos autores e autoras da BD do País. Conta o propio Manel no limiar que a idea levaba anos no aire, mais foi finalmente Cristian Fojón, autor dun dos episodios, quen lle puxo un titulo e quen fixo de detonador desta explosión de arte e creatividade que agromou en forma de libro. Xulia Pisón é a coordinadora deste Licor Café, escolma da Nova BD galega que xa é un imprescindíbel da nosa cultura.

A selección de autores e autoras é ben acaida e representativa, con variedade nas propostas. Hai quen xa ten publicada obra longa e hai outros e outras que aínda se moven máis na escena dos fanzines. A edición é de boa calidade, con portada a cor a cargo de Jorge Peral e interior nun expresivo e esencial branco e negro.

Nesta obra colectiva, que usa como nexo común entre as distintas historias a famosa bebida, navegamos ao longo de máis de cen páxinas polas distintas visións, estilos e narrativas destes autores e autoras. Non é só un libro con historias interesantes senón que serve coma visión panorámica da variedade da nosa BD máis nova que nestes momentos é referencia, mesmo no estado, pola súa capacidade, calidade e independencia.

Licor café é unha escolma na que podemos comprobar as influencias do manga, a ciencia ficción, as narrativas máis complexas e vangardistas. Xa o índice é un nídio indicador do que nos agarda no interior, trece vasos de licor que concentran a potencia creadora e estimulante cunha variedade de miradas, de artes e de personalidades. Trece iconas que subliman as páxinas da historias interiores nunha soa imaxe. Da BD máis tradicional á máis conceptual, da Galiza urbana á rural, unha escolla excelente da colleita de novos autores que agroma nesta terra nosa que tan ben se manexa entre vangarda e tradición, entre surrealismo e realismo postindustrial. 

Probablemente todo este rico movemento de Nova BD Galega non sería realidade sen a semente que botou o Colectivo Polaquia na primeira década deste século, un fenómeno que nunca recoñeceremos abondo coma o catalizador do que agora vivimos e que foi xérmolo do forte movemento de autoedición e «fanzinismo» do que son proba os múltiples eventos adicados a esta modalidade de publicación que hai no País.

As propostas deste licor café son tan saborosas que agardamos impacientes o seguinte número. Queremos máis licor café.

Esta recensión foi publicada en nadal de 2017 na revista Tempos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s