A Arte no Cómic – Exposición

A arte no comic- metropoles-delirantesAté o 15 de abril pódese visitar na Sede Afundación de Santiago de Compostela «A Arte no Cómic», unha mostra de Fundación Telefónica, comisariada por Asier Mensuro que recolle reinterpretacións dalgunhas das obras máis emblemáticas da historia da arte a través dos cómics de 73 ilustradores e autores de prestixio.

A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: o primeiro deles recolle a relación entre os grandes centros de arte e o cómic a través de obras da colección do Louvre ou do Museo de Orsay xunto á editorial Futuropolis, mostrando o traballo de autores tan recoñecidos como Catherine Meurisse, Manuele Fior, Enki Bilal ou David Prudhomme, así como a obra de Edmond Baudoin sobre Dalí, editada polo Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou. Tamén se inclúen iniciativas dos centros de arte españois, coma os cómics de Miguel Ángel Martin, Álvaro Ortiz, David Sánchez e Santiago García, editados polo Museo Thyssen-Bornemisza e a editorial Astiberri.

O segundo ámbito está centrado no cómic desenvolto por autores galegos como Brais Rodríguez e Miguelanxo Prado. Ademais, con motivo desta mostra, Afundación encargou a Jacobo Fernández Serrano unha historieta baseada nalgunhas das obras e autores máis sobresaíntes da súa colección de arte: Leiro, Maruja Mallo, Castelao, Laxeiro, Lugrís ou Minguillón, entre outros.

Por último, a exposición recolle como as grandes obras da pintura aparecen no cómic, facendo especial fincapé na actual corrente museográfica que avoga por un achegamento á novena arte.

  • DATAS:
    Até o 15 de abril de 2018.
  • HORARIO:
    12.00 a 14.00 e 17.00 a 21.00 h.
  • ENTRADA:
    De balde.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s