I Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galiza

Encontro BD historica-Metropoles-delirantesO primeiro Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia terá lugar do 6 ao 21 de abril, dentro dos actos que se celebraran no Arde Lucus. Nesta interesante proposta participarán algúns dos principais ilustradores de banda deseñada histórica de Galicia: Víctor Boullón, Tokio, Miguel Fernández, Tomás Guerrero, Pepe Carreiro e Manel Cráneo, coordinador artístico do evento. Este encontro nace da colaboración do  Concello de Lugo  o portal www.historiadegalicia.gal e Demo Editorial e estará dividido en dúas partes; unha didáctica e educativa e outra práctica.

A primeira fase realizarase no mes de abril con obradoiros teóricos e prácticos, a segunda  será na mesma festa do Arde Lucus, onde os seis ilustradores que participan neste evento debuxarán o Lucus histórico que recrearán as distintas entidades, asociacións e veciños.

As charlas serán:

6 de abril

  • O Proceso técnico e creativo da banda deseñada histórica –  Manel Cráneo.

13 de abril

  • Barbanzáns e a Cultura castrexa en banda deseñada – Pepe Carreiro.

27 de abril

  • Roma na banda deseñada – José Barreiro.

As charlas comezarán ás 20.00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL)

As obradoiros serán:

O sábado 14 e o sábado 21 tamén no MIHL en horario de 11.00 a 13.00 horas.

O primeiro para nenos e o segundo para adultos. Victor Boullón e Miguel Fernández ensinaránlle aos participantes a debuxar romanos e romanas e castrexas e castrexos.

As persoas interesadas en participar podense inscribir a través do 010 (para as persoas residentes en Lugo) ou no 982297350 para as de fóra de Lugo.

Vía: Historiadegalicia.gal

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s