Residencia de novela gráfica na Maison des Auteurs 2018

Beca Angouleme2-Metrópoles DelirantesAcción Cultural Española (AC/E) e a Cité internationale de la bande dessinée et de l’image, coa colaboración do Institut Français de España, organizan unha residencia para un autor/a español de novela gráfica na Maison des Auteurs en Angoulême.

A residencia inclúe.

  • Aloxamento nun piso de 3 habitacións a compartir con outro residente (2 dormitorios) no centro de Angoulême (electricidade, gas y agua por conta do residente).
  • Dispoñibilidade dun obradoiro (persoal ou colectivo) equipado de material de creación gráfica na Maison des Auteurs.
  • Un importe de 1.000 euros ao mes destinado a cubrir os gastos de manutención, transporte local, consumos de auga, gas e electricidade.
  • Billete de tren ou avión ida e volta en clase económica da cidade de residencia en España a París, así coma un billete de tren ida e volta de París a Angoulême. Datas de residencia de  decembro de 2018 a finais de maio de 2019
  • En ningún caso a estancia poderá ser fraccionada.

O prazo para a presentación de inscricións remata o 07 de maio de 2018.

Os candidatos deben presentar:

  • Ficha de solicitude debidamente cumprimentada.
  • Un proxecto de libro de novela gráfica, de carácter narrativo cun cronograma aproximado de realización.
  • Describir o proxecto sobre o que se vai traballar na residencia: escrito dun máximo de 10.000 caracteres.
  • Tres páxinas consecutivas e completas do proxecto (presentación do dosier en soporte informático).
  • Curriculum vitae, adxuntando algúns traballos representativos.
  • Unha carta de motivación.
  • Declaración xurada de que o candidato é o único autor das obras presentadas.
  • Ser maior de 18 anos e non ter sido xa beneficiario dunha residencia na Maison des Auteurs de Angoulême.
  • Ser de nacionalidade española ou estar en posesión dun N.I.E. (Número de Identidade Estranxeiro.

As persoas interesadas deben enviar a súa candidatura ó seguinte enderezo de correo electrónico: residenciasliteratura@accioncultural.es indicando no asunto ‘Residencia novela gráfica’.

Requisitos.

  • Ser maior de 18 años e non ter sido xa beneficiario dunha residencia na Maison des Auteurs de Angoulême.
  • Ser de nacionalidade española ou estar en posesión do N.I.E.(Número de Identidad Extranjero).
  • Acreditación de estar en posesión da tarxeta sanitaria europea ou dun seguro médico que cubra as eventualidades médicas que podan xurdir durante el periodo de residencia.

Os resultados serán anunciados, na páxina web de AC/E, antes do 30 de xullo de 2018.

Para máis información:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s