La muerte de Stalin | Nury e Robin

Aquí en español.

MUERTE-DE-STALIN_capaNa BD franco-belga existe unha potente corrente de recreación histórica, un tipo de cómic que no noso mercado adoita ser ben aceptado polo público e non tanto pola crítica máis especializada que nestes tempos anda máis deslumbrada pola risografía, o vangardismo inintelixíbel e o revival, tan oitenteiro, da liña chunga e o lumpen viñetario. Nesta corrente histórica xa demostrou Nury a súa mestría cunha obra excelente, Érase una vez en Francia, que en España foi publicada en tres tomos por Norma editorial.

En La muerte de Stalin os autores aproveitan os feitos reais, a historia, para, engadíndolle partes ficcionadas, crear unha teoría dos feitos. Con Nury no guión e Robin no debuxo, os alicerces para que a obra sexa interesante están ben postos e son sólidos.

LA-MUERTE-DE-STALIN_1O libro parte do momento da morte do dictador xeorxiano para contar os intrincados camiños da política e do comité central, das desconfianzas, medos, ameazas, manobras e sobre todo, a loita de poder que os homes de confianza de Stalin comezan co corpo deste aínda quente. Cun ton certamente escuro e ata tétrico, a través duns personaxes perfectamente retratados, vivimos o enfrontamento entre Beria e Khrushchev, e imos navegando polos complexos camiños que estes van tecendo na súa carreira ao Kremlin, e como os seus compañeiros de cómite, aboian agardando non afogar na tempestade que en calquera momento se vai desatar.

O traballo no guión de Nury fai que a narración sexa fluida e adictiva, manexando perfectamente o xogo político de alianzas e traicións e conformando un personaxe escuro, calculador e deleznábel, o de Beria, como o demiurgo dun stalinismo sen Stalin. Dende logo se os feitos non son todos verdade, ben poderían selo, a loita de poder daqueles homes curtidos en guerras mundiais e purgas debeu ser algo así. O debuxo resolve moi ben o compromiso entre a veracidade, son todos personaxes reais, e a propia identidade da banda deseñada, non deixa de ter algo de caricaturesco pero reflexa LA-MUERTE-DE-STALIN_2perfectamente a perfidia, por exemplo, de Beria. Robin fai un traballo excelente coa cor, alternando cadriños de escuridade tenebrosa con momentos de luz vívida e grandilocuente, acertando en cada momento coa atmósfera que require a narración.

Nestes tempos de personaxes en leotardos, explosións e pensamento plano como o intelecto de Trump, agradécense estas lufadas da BD francesa, que segue a ser o refuxio da cultura de tradición europea e das historias ben contadas.

 

Podes mercalo aquí.

Esta recensión foi publicada en outubro de 2017 na revista Tempos.

2 opinións sobre “La muerte de Stalin | Nury e Robin

    1. Sr B Autor/a do artigo

      Para min non é o mellor que lle lin a Nury, prefiro Tyler Cross ou Silas Corey, pero está ben entretido este. O da crítica, xa sabes, os supers ou cousas moi de vangarda, pareceme que este tipo de BD está moi desprezada.

Os comentarios están pechados.