As lecturas do Sr B: La Balada del Norte

Aquí en español.

A revolución que non puido ser.

labaladadelnorte_1-metropoles-delirantesLa Balada del Norte, da que xa temos os dous primeiros tomos nos andeis das librarías (será unha triloxía), é unha obra maiúscula, unha epopea mineira na Asturias do ano 1934, tempo convulso no que a República comezou a dar síntomas de perigosa febleza e os militares salvapatrias de fortaleza xenocida. Un episodio que a propaganda franquista tentou facer desaparecer, ou no mellor dos casos, retorcer ata construír un relato axeitado para o movemento.

Alfonso Zapico, como cantaba a Rosenvinge, toma a distancia adecuada. Conta unha historia ficticia, nunha vila inexistente, Montecorvo, mais nun marco histórico real. Como os bos cociñeiros fai que cada ingrediente ligue co outro para logo resaltar o verdadeiramente importante e a partir da esencia construír un relato no que todo encaixa e todo é sublime.

O autor aborda nesta obra costumista unha época dura, de pobreza e fame, na que a separación das clases era nidiamente marcada, e aínda máis nunha pequena vila mineira. No primeiro tomo, a historia esta centrada no namoramento do fillo bohemio do marqués-cacique e da filla dun mineiro. Unha crónica do imposíbel, o amor entre clases e a mellora das miserentas condicións de vida dos mineiros e do pobo en xeral. Mentres na superficie abrolla o amor nas galerías da mina estase a xestar a revolución proletaria.

labaladadelnorte_3-metropoles-delirantesNeste segundo tomo a historia, que transcorre en Oviedo, muda máis angustiosa. O autor describe con crueza os actos violentos inherentes a toda contenda armada mais tamén como o optimismo revolucionario vai tornando en pesimismo realista. Narra como a pesar de se enfrontar a un exercito digno dunha película de Chaplin, a división interna, a falla de liderado e o tempo perdido, dan opción a que os militares reaccionen. Conta en definitiva, a maneira en que comeza a desfeita, como se os propios mineiros se deran conta de que era imposíbel o seu trunfo.

Como ben dí o xornalista Enric González no prologo do libro, estes sucesos foron a mecha da Guerra Civil que comezaría dous anos despois co alzamento militar contra a República. A brutalidade desta revolución, e sobre todo, da represión exercida polo goberno e o exercito comandado por Franco, foi o vento que avivou o incendio que estaba por vir.labaladadelnorte_2-metropoles-delirantes

É evidente a capacidade narrativa de Zapico, que de xeito habilidoso constrúe personaxes sólidos, importantes para o desenvolvemento da historia e que levan ao lector en andas pola obra. Esta magna obra non só é un excelente libro, senón que é tamén unha fermosa homenaxe dun asturiano a súa terra e a súa historia.

Ao igual que en anteriores propostas do autor como Dublinés (Premio Nacional de Cómic) e Café Budapest, La Balada del Norte é ideal para que lectores non habituais de banda deseñada se acheguen a este medio. Unha obra para perder os prexuízos e para entender como o termo nóvela gráfica define un tipo de banda deseñada e non é só unha etiqueta para vender.

Podes mercalo aquí.

Esta recensión foi publicada en setembro de 2017 na revista Tempos.

Advertisements

4 opinións sobre “As lecturas do Sr B: La Balada del Norte

  1. rosa (figurandorecuerdo(s)edicions)

    Para min Zapico é do mellor que hai neste campo, gosto moito del. Aínda que me gustou máis a primeira parte, xa teño ganas de que saque a terceira. Moitos parabéns para Zapico e que siga…

    Resposta
  2. Sr B Autor/a do artigo

    Concordo contigo, eu tamén gocei máis coa primeira parte, aínda que como ben dis cando saia a terceira e podamos ver a obra en conxunto seguro que todo encaixa. Unha gran obra e un gran autor.

    Resposta

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s