As lecturas do Sr B: Insecto

Aquí en español.

Amor disléxico.

Insecto1-metropoles-delirantesVivimos nunha sociedade hipersexualizada, mais iso si, sempre dentro duns cánones, a moral e a tradición nacional-católica aínda teñen demasiado peso neste estado que é cada vez máis carpetovetónico douspuntocero. Insecto é un fermoso libro de temática erótica de María Llovet, debuxante Barcelonesa cun dinámico estilo manga, que aborda as relacións diferentes.

Insecto conta a historia de Lea e Lucas, dous irmáns adolescentes, ela, rebelde que goza coa provocación, en loita constante coa nai, e el, calado e disléxico, os dous viven unha relación carrusel, de sentimentos incontrolábeis, que os levan a un “amor fou” que causará escándalo en mentes vetustas de visón e misa de doce e fruición nas máis abertas, aventureiras e soñadoras.
Insecto2-metropoles-delirantesPor desgraza xa non se publica moita BD de temática erótica que saia ao circuíto máis xeralista, pero está marabillosa e breve (para o que se estila na actualidade) obra, conecta coa mellor Valentina do mestre Crepax e coas historias máis morbosas doutro mestre italiano, Milo Manara. María Llovet combina sabiamente estas influencias europeas coas xaponesas para crear un libro moi atractivo visualmente, explotando con moi bo criterio o branco e negro, cun estilo áxil, claro e coa dose xusta de tramas para enriquecer o debuxo.

Llovet apela aos sentimentos, á aventura, ao amor prohibido, cunha narración pausada, na que recrearse nos detalles, cun trazo delicado que se opón dinamicamente á tensión sexual que hai en toda a obra, con momentos autenticamente deliciosos de voyeurismo e provocación.

Insecto3-metropoles-delirantesA autora manexa con precisión e sensibilidade exquisita as personalidades dos protagonistas e a situación na que están inmersos, a dualidade entre o que socialmente está mal visto e a súa necesidade de amarse, que ao fin non é máis que un desexo absoluto de liberdade. Cos diálogos xustos e unha exacta utilización dos silencios a obra está revestida dunha poética marabillosa na que o lector ten tempo e espazo para o goce e a propia reflexión.

Un libro valente que prescinde do politicamente correcto para mergullarse nun universo rico en sensacións e sentimentos, no real, sen os filtros da realidade.

Podes mercalo aquí.

Esta recensión foi publicada en abril de 2017 na revista Tempos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s