Bea Lema gaña o Premio Castelao de BD

16789021_251154911961352_1612952973485277184_nHoxe fíxose público o fallo do xurado do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, a gañadora é Bea Lema coa obra O Corpo de Cristo.

O xurado presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e formado por Emilio Fonseca, gañador da anterior edición, e os autores Xosé Tomás, Natacha Bustos e Pablo Auladell, valorou a “intensidade dramática sen caer no sentimentalismo” da obra de Bea Lema ademais da “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atomósferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”.

Nesta edición, un total de catorce obras competían polo premio Castelao destinado a público adulto, tres máis que na pasada edición, sendo así a convocatoria na que máis traballos se presentaron. O xurado decidiu deixar deserta a convocatoria destinada a público infantil

Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, Bea Lema (A Coruña, 1985) descobre o mundo da ilustración e o cómic a través da nova xeración de debuxantes galegos. A partir dese momento comeza a sentirse atraída por este medio, sendo a súa primeira publicación Pasado ou Futuro?, un mini libro ilustrado premiado pola revista teórica de ilustración Fuera (de) Margen en 2015. Nese mesmo ano é bolseira polo Festival Internacional de Ilustración Ilustratour para participar no proxecto Ilustradanza. En 2015 tamén se publica O Diario de Raquel, ilustrado por ela (texto: Paco Climent, de. Metaforic). Recentemente foi seleccionada no II Concurso Internacional de Ilustración organizado polo festival Valladolid Ilustrado.

Na actualidade é socia da cooperativa 7H, desde onde desenvolve o seu traballo en relación ao deseño de produto e a ilustración.

Advertisements

Unha opinión sobre “Bea Lema gaña o Premio Castelao de BD

  1. Pingback: Catro bandas deseñadas galegas e unha portuguesa para ler este verán | Metrópoles Delirantes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s