As lecturas do Sr B: Os Vampiros

Aquí en español.

Eles comen tudo e nâo deixam nada.

Despois de publicar catro entregas dunha das obras máis exitosas da banda desenhada portuguesa, Dog Mendonça e Pizzaboy, (absolutamente recomendábel) o guionista Filipe Melo e o debuxante Juan Cavia volven con esta excelente “Os vampiros”, unha novela gráfica de máis de duascentas páxinas cun evidente salto cara adiante nas aptitudes narrativas de ambos. Esta historia viaxa por territorios que sempre son difíciles; pola temática, a guerra de liberación colonial da Guiné-Bissau e pola dimensión certamente psicolóxica que sobrevoa o relato.

Un grupo de soldados portugueses nunha expedición na fronteira co Senegal entran na selva en segredo, a medida que avanzan e aparecen os inimigos e o cansazo, non tardan en chegar Vampiros3-metropoles-delirantesos problemas, alén diso, os demos interiores que camiñan con cada personaxe atopan nesa situación un ecosistema ideal para converter en pesadelo a misión.

Como dicíamos, Cavia e Melo non deixan de mellorar e evolucionar como autores, vese moi claro nos catro números da súa obra anterior, mais nesta realmente acadan outro nivel. O guión sólido e ben armado (permítanme a brincadeira, nunca mellor dito) cun ritmo narrativo excelente que dende a presentación dos personaxes ata o final vai en crescendo e non deixa decaer a lectura nunca, uns personaxes moi ben construídos, as faíscas precisas de humor, intriga e mesmo terror, e unha atmosfera opresora e abafante que se transmite en cada páxina, é feito imaxe pola arte de Cavia, fermosa, colorista e ben traballada, cun dominio dos encadres e da luz que fan que guión e debuxo se fundan á perfección.

Aínda que moitas veces se abusa do símil cinematográfico para explicar unha bd, neste caso é imprescindíbel, ambos autores teñen traballado no cinema, e de certo que se nota. A estrutura Vampiros4-metropoles-delirantesdo guión, os elementos que combina sabiamente Melo e os deseños de cadriños maioritariamente en formato panorámico apelan, sen dúbida, ao noso subconsciente cinéfilo e mobilizan ese mecanismo máxico que fai que o real pase, por medio da lectura, da pulsión escópica á realidade imaxinada de xeito natural e involuntario para descubrírmonos inmersos na nosa propia película.

Melo e Cavia arman un impresionante relato que conecta, a través do título da coñecida canción do poeta e cantor Zeca Afonso, as guerras coloniais (houbo un comando real que combateu na Guiné-Bissau que se chamaba Vampiros), cos monstros e o terror que mora en cada home e en cada guerra.

Podes mercala aquí.

Esta recensión foi publicada en decembro de 2016 na revista Tempos.

Advertisements

Unha opinión sobre “As lecturas do Sr B: Os Vampiros

  1. Pingback: Catro bandas deseñadas galegas e unha portuguesa para ler este verán | Metrópoles Delirantes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s