As lecturas do Sr B: I.D.

Aquí en Español.

I.D_capa-MetropolesdelirantesQue Emma Ríos xa está na lista de grandes nomes da banda deseñada está fora de dúbida, mais se ata agora a súa faceta como debuxante era a máis coñecida, con este I.D. pon enriba da mesa as súas credenciais de autora completa e confirma o que xa sabiamos os admiradores do inconcluso APB, é tan boa no guión coma no debuxo.

Da man de Astiberri, chéganos este excelente libro de ciencia ficción que foi publicado de xeito seriado en Island (Image Comics), a revista editada nos USA que Emma codirixe con Brandon Graham.

I.D. é unha distopía na que a autora plantexa unha dúbida tan complexa como inherente ao ser humano, a da desconformidade co propio corpo e como esta afecta á propia identidade, abre así nesta historia unha “caixa de Pandora” con multitude de frontes, éticos, psicolóxicos e humanos.

Partindo da premisa de que a identidade reside no cerebro e nun un escenario no que o transplante de tal órgano é factible, a empresa que fai esta intervención busca voluntarios para someterse á perigosa operación, as tres persoas candidatas quedan nunha cafetería para coñecerse e compartir as súas inquedanzas, Noa é un home atrapado no corpo dunha muller, Miguel quere fuxir dun pasado conflitivo e Charlotte afirma que quere cambiar “porque está soberanamente aburrida” aínda que esta razón semella ser tan feble como falsa. Cada un destes personaxes ten unha motivación suficientemente forte para arriscar a vida nun tratamento moi complexo medicamente e ultra complexo ética e psicoloxicamente.

I.D._4-MetropolesdelirantesOs tres personaxes dotan dunha forza especial á historia, axiña podemos identificarnos con algún (ou con todos), proba de que están ben definidos e encaixan nunha historia breve pero espléndida.

Emma Ríos acada un nivel excepcional na conxunción do guión co debuxo, deixa respirar as páxinas co texto xusto e desde as primeiras páxinas dálle ao lector o seu propio espazo, abre moitos interrogantes que non pecha, que cada un de nós respostaremos establecendo un dialogo coa historia e retrata rapidamente con sutís pinceladas unha sociedade ambientada nun futuro indefinido no que o mundo non parece ser mellor, no que perduran moitos dos problemas actuais que seguen a resolverse da mesma forma, con violencia policial ou con cartos suxos.

Aínda que é unha historia breve para os estándares do cómic actual, a Ríos dálle tempo a deitar dúbidas, amais das propias dun tratamento tan agresivo, sobre certos aspectos das sociedades modernas, a prensa, a soidade, o financiamento e a ética dos grandes complexos médicos-farmaceuticos.

I.D._4-MetropolesdelirantesRíos xoga neste libro coas súas influencias do manga, cun trazo vigoroso, coas composicións de páxina arriscadas, heteroxéneas, as calles entre viñetas aparecen e desaparecen, separan viñetas ou as veces dividen unha ilustración en dous, cambian de cor, utiliza a superposición dos cadriños, en fin, experimenta co aspecto gráfico do libro sen complexos e despregando un sen fin de solucións que lle aportan un dinamismo extraordinario. Outro aspecto curioso é a cor, utiliza un bitono vermello que é unha aposta arriscada, e ao noso entender, acertada. Mención aparte merece a portada, dunha elegancia e sutilidade marabillosa e delicada e cun onírico significado no que se unen as polas dunha árbore e as terminacións neuronais.

Proba da seriedade coa que aborda Ríos os proxectos é que buscou o asesoramento do neurólogo Miguel Alberte Woodward, que firma un texto final de divulgación que axuda moito a entender a complexidade do tema que aborda esta banda deseñada.

Esta recensión foi publicada en setembro de 2016 na revista Tempos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s