Test Delirante – Carlos Roma

Carlos Roma - Metropoles DelirantesCarlos Roma é xornalista e dramaturgo, desenvolve o seu traballo principalmente na televisión aínda que tamén colabora noutros medios. Este ano estreouse en Barcelona a súa obra de teatro “El plan Jackson” e mantén un excelente blogue, “perdido en Hiroshima”, onde publica micro pezas de teatro. Nas súas palabras: “Vinte e oito anos antes do meu nacemento caeu a bomba. Camiño por un mundo devastado e, ao contrario que Williams, nunca confiei na bondade dos descoñecidos.”

1-Cal é o teu cómic preferido.

Fun Home (Alison Bechdel, 2006).

2-Licorcafé ou Gintonic

Gintonic de Plymouth.

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

As historias dos “Golfos Apandadores” no Don Miki. 

4-Que peli non te cansas de ver?

La madre muerta (Juanma Bajo Ulloa, 1993).

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Craig Thompson. 

6-Rolling ou Beatles?

Ainda que na madrugada podo exercer o moves like Jagger sonche máis de “Hey Jude”.

7-Superherois, manga ou europeo?

Europeo con debilidade polo biográfico. 

8-Churrasco ou sardiñada?

Por que teño que elexir? Alimentarse é marabilloso!

9-Un autor/a de bd galego?

Alberto Vázquez.

10-Un disco que adores.

“Segredo a voces” de Anubía. Que volvan gravar, por favor!

11-Tes un libreiro de confianza?

A cegas cos Couceiro. 

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

O chapeu de palla sempre será tendencia.  

13-Lector ocasional ou compulsivo?

Todos os días leo por traballo ou por ocio. 

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

De sofá e moito protector solar. 

15-Astérix ou Tintín?

Tintín. Pero que deixen de adaptalo a non ser para facer xoias bizarras como “El misterio de las naranjas azules”.

16- Un viño que che guste especialmente?

Últimamente estou a establecer unha relación moi interesante cos godello. 

17-Recomenda un cómic.

Un? Non podo! El faro (Paco Roca, 2004), Píldoras azules (Frederik Peeters, 2001) ou Pinocchio(Winshluss, 2003).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s