Test Delirante – Iolanda Zúñiga

Iolanda-ZunigaIolanda Zúñiga é escritora, no ano 2007 publica o seu primeiro libro, Vidas post-it, 46 microrrelatos con temática moi diversa, pero sempre referidos a situacións cotiás universais. En 2008 publicou o poemario Amor amén. En 2010 gañou o premio Xerais coa novela Periferia, unha historia sobre a precaridade cotiá e a falta de oportunidades nos suburbios.

1-Cal é o teu cómic preferido?

Por exemplo, o que me vén de regalar Paz, unha amiga. Convertiuse onte en preferido porque estaba farta no curro e apareceume, de sorpresa, con el: “El Cielo sobre Berlín”, de Sebastiano y Lorenzo Toma, baseado na peli de Wim Wenders.

2-Licorcafé ou Gintonic?

Gintonic de Larios e Schweppes. Resístome aos modernos tipo ensalada de froitas.

3-Lembras cal foi o primeiro que liches?

Algún na colección “El Libro Gordo de Petete”. Logo devorei todos os “Súper Humor” e “Don Miki” que se publicaron. Meus irmáns aínda gardan caixas deles cos exemplares que esquivaron aos roedores.

4-Que peli non te cansas de ver?

Non repito pelis, a vida é curta; pero… calquera de Wong Kar-wai.

5-Tes un autor de banda deseñada preferido?

Tiña varios… Agora mesmo só lembro o nome de Shaun Tan… Ah, tamén lembro o de Guy Delisle!

6-Rolling ou Beatles?

Freddie Mercury aspirando a moqueta. Berraba liberdade moito mellor que toda esa cuadrilla xunta.

7-Superherois, manga ou europeo?

Europeo. Son moi señora para o manga. Superheroes só nas camisetas (planta infantil, talle adolescente).

8-Churrasco ou sardiñada?

Bocata de calamares?

9-Un autor/a de bd galego?

Vou falar dun amigo: o debuxante Marcos Paz, que reside en México hai tempo. Xunto con outro colega, Simone Serasini, crearan o cómic dixital “Dos Sin Remedio”. Non sei se abandonaron o proxecto…

10-Un disco que adores.

Templo, de Aute: Un disco rarísimo que clausurou a miña adolescencia. Adorar, adorei todos os de Tino Casal.

11-Tes un libreiro de confianza?

Cando lograba chegar a fin de mes, mercaba en Cartabón, na libraría onde currei. Tamén vou por Librouro (estes son moi de confianza: teñen as chaves da miña casa porque adoito quedar de porta a fóra).

12-Chapeu de palla ou pucho de John Deere?

Onde é o evento?

13-Lector ocasional ou compulsivo?

(Moi) ocasional. Unha vez por ano acudo á biblioteca Penzol. Cando leo todo o que me interesa de BD, abur. Á parte da Neira Vilas non temos bibliotecas municipais na cidade. Abel, ola!

14-No verán es máis de praia ou de montaña?

De bañeira!

15-Astérix ou Tintín?

Teño a Tintín na parede, pero del só me caía ben Milú. Quedo con Obélix. Sobre todo agora que engordei oito quilos.

16- Un viño que che guste especialmente?

Oporto. Non sei se me gusta máis o espirituoso ou a cidade. Viviría e bebería alí por sempre.

17-Recomenda un cómic.

Tres, porfa, que veño de desempoar a caixa onde están:

Esquina rabiosa, de Alfredo Pons.

Prints of the West, do debuxante arxentino Carlos Nine.

El cuento de Auggie Wren, un texto de Paul Auster ilustrado por Isol.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s