Coincidindo co Saló de Barcelona, editorial Panini ven de presentar ‘Otaku Bunka’, unha revista centrada no manga o anime e a cultura xaponesa, na que tamén terán cabida o cosplay, o coleccionismo de figuras, o cinema e os videoxogos. A revista terá unhas 100 páxinas cun prezo de 6€.
No cento de páxinas de Otaku Bunka, atoparemos recensións, artigos de series anime, entrevistas a autores, opinión, etc. O investigador galego especialista en manga José Andrés Santiago é un dos colaboradores desta revista.
O primeiro número de Otaku Bunka saíu á venda na sexta 29 de abril (venres) en quioscos e tendas especializadas.
Advertisements