“No tengo mamá”, canto moderno, canto!!!

Notengomama_ni-Metrópoles DelirantesEste xoves andivemos polo “no tengo mamá”, o festival da autoedición de Vigo, para participar nunha interesante mesa redonda con Octavio Beares, Xaime Lis, Helena Exquis, Berto Fojo e Cibrán, o tema era a relación entre cómics e música. Na realidade penso que nos desviamos algo do tema inicial e a parola cobrou vida propia e foi evolucionando cara o fanzinismo, pasamos máis tanxencialmente pola música, foi unha tarde ben interesante na que saíron temas que darían para varios faladoiros e na que o público asistente participou moito, cousa que nos encantou.

Un dos temas que saíu nesta reunión foi o nulo apoio que o MARCO presta a este evento que o arrodea e medra a súa beira sen que dentro desa atalaia caduca se queiran enterar. Unha magoa.

no-tengo-mamá-Metrópoles DelirantesFoi un gusto pasa-la tarde nun evento que xa dende a entrada avisa do que vas atopar, cando atravesas o pórtico “DIY” entras nunha dimensión de modernidade e modernos, moito arte, ambiente cosmopolita e decibelios alborotados, un ecosistema que advirte que aquelo non é unha xuntanza de “autores de estatuas de rotonda”.

Coma si de unha metáfora se tratara, a creatividade xermola e pasa polo calexón que vai por detrás do Marco, así, pódese degustar un fervedoiro de fanzines, camisetas, música (en vivo ou en casete) serigrafías e un feixe de arte, artistas, e sobre todo xente coa que se pode falar, coa que tomar unha cervexa e ter conversas, escoitar bandas ao vivo e gozar dun ambiente de convivencia marabilloso.

Autoedición gráfica no mercadillo, cinematográfica no concurso de curtas e musical nos concertos, neste evento o arte póñeno os que traballan de costas a un circuíto oficial que cada vez máis, está a quedar illado na súa ínsula de directores xerais e de estruturas museísticas mortas do século pasado.

A xente de Fosfatina e Seara Records conseguiron argallar un minifestival que demostra que nas marxes é onde abrollan iniciativas culturais que son ben interesantes e fantasticamente acollidas polo público e polos participantes; sen axudas, sen políticos e glorificando o “Faino ti mesmo”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s