Katsuhiro Otomo, Grand Prix do Festival Internacional da banda deseñada de Angoulême

akira1-Metrópoles DelirantesKatsuhiro Otomo, o creador de Akira, gañou o Grand Prix da 42 edición o Festival Internacional da banda deseñada de Angoulême converténdose no primeiro autor xaponés (e por ende, asiático) en recibir este premio, os finalistas foron o británico Alan Moore, e o belga Hermann Huppen. Otomo sucede a Bill Watterson, premiado na pasada edición e tanto él coma Alan Moore xa foron finalistas deste premio o pasado ano.

“Akira” é a obra máis coñecida de Otomo, é un manga ambientado na cidade deNeotokio, nunha era postnuclear, foi publicada entre 1982 y 1993, a historia transcorre no ano 2030 nunha sociedade violenta e apocalíptica. Esta obra foi levada ó cinema nunha película de animación que foi feita antes de rematar o manga, polo que teñen diferencias argumentais, a película foi un éxito inmediato e foi considerada unha obra mestra dende a súa estrea.

O manga, ten máis de dúas mil páxinas, tivo un éxito significativo no Xapón e no resto do mundo, e serviu de porta de entrada a este xénero para unha xeración. Tamén gañou no ano 1984 o Premio Kōdansha ó mellor manga na categoría xeral.Pesadillas-Metrópoles Delirantes

“A fresca desmesura de ‘Akira’ fascina non só polo seu tema, os seus personaxes, e os seus ambientes e o seu gusto omnipresente polo debuxo, mais tamén pola súa excepcional esixencia estética, que a converteu case instantaneamente, dende a súa publicación, nunha obra de culto do noveno arte. A súa influencia é considerable no mundo enteiro”, resumiron os organizadores do festival.

Otomo, foi nomeado Cabaleiro das Artes e as Letras de Francia no ano 2005 e xa gañou cinco veces o Premio Harvey por “Akira”.

Aquí a nova no xornal Le Monde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s