Chucrut, de Ana Sáinz Quesada gaña o Premio Fnac-Salamandra

ChucrutA gañadora do VIII Premio Internacional de Novela Gráfica Fnac-Salamandra, e Ana Sáinz Quesada coa obra Chucrut, segundo o xurado: “pola solidez narrativa coa que afronta a autora o proceso de crecemento persoal, confrontando a pérdida co illamento do cambio, cun estilo de trazo sinxelo que contrasta coa madurez da súa proposta.”

Ana Sáinz Quesada recibirá un premio de 10.000 euros e a súa obra será publicada por Salamandra Graphic en novembro de 2015. O xurado fixo unha mención especial ó proxecto Tibirís, de Arnau Sanz Martínez “pola brilantez gráfica da obra finalista.”

Chucrut é a historia de Sara, unha rapaza que realiza o seu período de residencia artística nun reputado obradoiro de gravado en Alemaña, lonxe do seu país, da súa familia e xusto despois da morte do seu pai. Alí vaise aloxar na casa dunha muller aparentemente simpática e afable, pero co tempo descubrirá os extranos costumes da súa caseira, coma érguerse cada noite para encerrarse no soto da casa, dende o que se escoitan ruídos extranos. Unha noticia publicada no xornal sobre a desaparición de varios cadáveres da Facultade de Medicina provocará que Sara comece a mesturar realidade e fantasía e desconfíe da súa caseira.100-1390218339

Ana Sáinz Quesada (Palma de Mallorca, 1990) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona, ó rematar os seus estudos especializouse en Ilustración en Madrid. Na actualidade traballa nun libro ilustrado co escritor Fernando Savater para a editorial Random House.

O premio de Novela Gráfica Fnac-Salamandra Graphic é un dos máis importantes do cómic español, os gañadores das anteriores edicións son: Fueye de Jorge González (2008), La estación de las flechas de Guillaume Trouillard e Samuel Stento (2009), ¡Pintor! de Esteban Hernández (2010), La muchacha salvaje de Mireia Pérez (2011), Miércoles de Juan Berrio (2012), Un médico novato de Sento Llobell (2013), e a recentemente editada, Inercia de Antonio Hitos (2014).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s