Boreal é unha illa no mundo da ilustración, pois enche un espazo que ata hai un ano estaba baleiro, a opinión e a reflexión, de xeito independente, por medio do debuxo.
Boreal é unha web que ilustra a realidade, pero non dende unha atalaia, coma se o mundo non fora connosco, aquí hai implicación e opinión, os ilustradores debuxan os feitos da actualidade que consideran máis relevantes, coa intención de lembrar, reflexionar e deterse, polo menos 24 horas nun tema, nunha idea, illados da voráxine (manipulativa) informativa e visual destes tempos. En Boreal poñen a súa atención nas novas máis relevantes, non nas efémeras.
Despois dun ano oito artistas levan ilustrado 276 momentos onde tratan temas do máis variado, dende a política á relixión ou da sexualidade ata a música e aínda que é unha web de ilustración tamén hai sitio para textos de escritores tanto mexicanos coma españois.
Teñen un manifesto que podedes ler aquí.
Podedes coñecer máis acerca deste proxecto e axudar a financialo mercando os seus libros na súa web.
Tamén teñen twitter e facebook.
Parabéns e que sexan moitos máis!!!