Obradoiros de bd nas bibliotecas da Coruña

Curso humor gráfico-Metrópoles Delirantes

O 29 de Agosto na biblioteca de Montealto Guitián e Leandro, van impartir un obradoiro de humor gráfico coa fórmula mellorada, cun enfoque maís práctico e participativo.

O proceso creativo do humor gráfico percorrido a través dunha sesión de traballo (brainstorming) entre todos os asistentes, creación de chistes partindo da actualidade do día e as técnicas, estratexias e ferramentas do humor gráfico actual.

O curso vai dirixido a mozas e mozos de 16 a 116 anos. Para asistir non é necesario saber debuxar, só ter un chisco de inxenio ou sentido do humor (ou nin eso).

Podedes levar o que vos pete: portátil, smartphone ou material de debuxo. (Os mestres lembran de forma especial que obxectos contundentes, non)

Inscripcións aquí.

Evento de Facebook aquí

Tamén hai outros obradoiros.

O mércores día 27, ás 11:30h na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, obradoiro de banda deseñada, coñecete a través do cadriños co ilustrador Xosé Tomás.

Coñecete a través “da banda deseñada”: crea persoaxes baseados no teu entorno. Inventa guións sobre a túa vida e vive a túa propia historia entre as viñetas.

Vai dirixido a rapaces e rapazas de 15 a 18 anos, inscripcións aqui.

O xoves día 28, ás 12:00h, obradoiro de iniciación ó manga para rapaces e rapazas a partíres de 9 anos. Tera lugar na Biblioteca municipal Os Rosales, organizado polo estudo especializado en manga “Cerditos de Guinea“. Impartido por GoChi.

Inscripcións neste formulario.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s