Autobán, amor a primeira vista

O meu amor deste verán ten nome de robot. Foi un fin de semana intenso, moitas actividades, moitos estímulos, moitas conversas interesantes, e moita xente facendo cousa boa, tamén un sentimento de estar a gusto, de non sentirse estraño nin fora de sitio.

Autoban1-Metrópoles Delirantes

Combate de debuxantes (Foto: Diego Sendón)

O Autobán naceu coa iniciativa de xente inqueda, á que as etiquetas e os xustillos non se lles axustan, así que, desa inquedanza sae unha proposta arriscada, pero que naceu ben, coa humildade que deben ter os proxectos novos, que teñen que se asentar nunha base sólida para medrar con forza e sen medo a caer.

No Autobán houbo charlas moi interesantes e de temas variados, nun ambiente distendido, un combate de debuxantes que conseguiu ateigar o local ata límites que pasaron o contorsionismo nalgúns corpos, e foi a confirmación, se alguén tiña dúbidas, de que temos futuro, con xente nova que vai ter moito que dicir e moi axiña, e tamén que a ilustración pode ser puro espectáculo.

O mercado de fanzines, foi un éxitazo de contido, e de xente, unha cita (na que un síntese coma un neno no Nadal, quere mercalo todo) divertida e produtiva, e (afortunadamente) mala para a economía familiar.

Autoban2-Metrópoles Delirantes

Mercado de fanzines (Foto: Diego Sendón)

O Pechakucha foi como esa peli indie que tódolos anos da a sorpresa, contido interesantísimo, ameno, coa dose axeitada de humor e nun formato divertido de duración axeitada. Todo bo.

Por suposto o mellor foi o apoio da xente, dos autores consagrados que demostran sempre o seu compromiso coa profesión, dos que xa deixaron de ser promesas, dos que liscan dos focos pero dende as trincheiras seguen loitando, dos fanzineiros e dos espectadores que referendaron coa súa asistencia que o Autobán é unha ideaza.

Quero parabenizar á AGPI e ó equipo que organizou esta festa indie da banda deseñada e a autoedición que acertou de pleno e que construíu unha excelente base para mellor cada ano.

Na web Vivir na Coruña, Bruno Lorenzo escribe un excelente artigo do Autobán.

E no Badoum! tamén se fala do festival.


Este é o xenial video de Enimaxes no que poderedes desfrutar dun preciso resumo do que fou o Combate de debuxantes.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s