Propaganda de Joana Estrela (de balde online)

Joana Estrela - Propaganda-Metrópoles DelirantesPropaganda é un libro de Joana Estrela, editado por Plana Press, no que a autora narra a súa estadía en Lituania coma voluntaria na LGL (Lithuanian Gay League) en Vilnius, unha cidade “chea de cousas aparentemente contraditorias” onde foi á súa “primeira festa lésbica de sempre, no país mais homofóbo da Unión Europea”, naquel que a autora considera nas súas propias verbas o “ano mais gay” da súa vida.

Propaganda non é unha banda deseñada erótica, e a pesares do que poda facer pensar o seu titulo, tampouco un libro pro-LGBT, senón un diario gráfico que conta as vivencias no país báltico da autora no ano que colaborou nunha ONG de feito non é unha autobiografía, e o aspecto gráfico é máis parecido a un caderno de apuntes, cun debuxo rápido e simple, e unha composición de páxina sinxela, o que lle da unha frescura e unha axilidade que fai que se lea moi axiña.

Joana Estrela, naceu en 1990. Estudou na Facultade de Belas Artes do Porto, actualmente traballa como ilustradora e escrebe ocasionalmente para a revista IP4.

Propaganda está editado en inglés, ten 112 Páxinas a 1ª edición é de 300 exemplares numerados e custa 10€. O libro está agora dispoñíbel para descarga de balde a través do sitio da editora.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s