Tarantino co-escribirá o cómic “Django/Zorro”

Django-Desencadenado-Cómic-portada1

Quentin Tarantino será o co-guionista da secuela en cómic da súa película Django, será un libro que mesturará a Django e a El Zorro.

Django/Zorro será co-escrito por Matt Wagner e por Tarantino que manifestou: “Foi lendo as historias de El Zorro que me convencín que sería boa idea xuntar ós dous personaxes e a idea que tivemos para a historia é emocionante, e penso que será un perfecto novo capitulo para os dous personaxes”.

A editora Dynamite xunto con DC Entertainment, serán as editoras deste libro que se agarda saia ó mercado na segunda metade de 2014.

Esta non é a primeira vez que un personaxe de Tarantino chega á banda deseñada, Django Unchained xa foi adaptado nunha miniserie de sete capítulos editada por DC Entertainment no 2013, escrita por Reginald Hudlin e debuxada por R.M. Guera.

Aquí un artigo do blogue en todo el colodrillo sobre a relación de Tarantino e os cómics.

Aquí un pequeno artigo do cómic de “Django desencadeado”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s